Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primeiro caso en Galiza

A paciente ingresada en Ourense tivo a nova gripe

Confirmado o virus AH1N1, a muller xa non ten síntomas gripais e será dada de alta en breve.

Redacción - 20:00 03/05/2009
Reunión da comisión de seguimento de Sanidade

Reunión da comisión de seguimento de Sanidade

A Consellaría de Sanidade confirmou este domingo que os resultados do Centro Estatal de Microbioloxía estabelecen como positivo ao virus AH1N1 o caso da muller que permanece ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense.

Ao tempo, Sanidade comunica que a evolución clínica desta paciente é boa, e que a día de hoxe xa non presenta sintomatoloxía gripal. A"tendendo aos protocolos estabelecidos, podería ser dada de alta nos vindeiros días", avanzan. Por outro lado, os contactos desta paciente continúan "baixo control facultativo nos seus domicilios", malia que non se detectou até o de agora sintomatoloxía en ningún deles.

Doutra banda, a consellaría asegura que na actualidade, en Galiza non hai ningún outro caso en investigación. Así e todo, a Consellaría de Sanidade mantén aberto o teléfono de información 902 400 116, para clarexar calquera dúbida sobre a nova gripe.

A nivel estatal hai confirmados 20 novos casos de persoas infectadas no Estado Español infectadas por esta nova gripe, sumando un total de 40 casos positivos: 11 en Cataluña, 11 en Andalucía, 7 na Comunidade Valenciana, 4 na Comunidade de Madrid, 4 en Castela-A Mancha, 1 en Murcia e 1 en Euskadi.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: