A Xunta comunicou que só permanece aínda en investigación a enferma de Ourense, xa que nos outros dous casos non se trata da nova gripe.
Xuntanza esta semana da comisión asesora do Plan Galego de preparación e de resposta á pandemia de gripe
O paciente ingresado o pasado luns no Complexio Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) recibiu este sábado a alta hospitalaria despois de recibirse o resultado negativo ao respecto da análise da posíbel existencia do virus da grupe Ahi1N1. O mesmo aconteceu co caso investigado nun paciente ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), sendo dada de alta a persoa que permanecía ingresada desde o pasado xoves.
Xa que logo, na altura do sábado, só continúa ingresada e illada a paciente do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), que agarda aínda pola confirmación das análises que realiza o Centro Estatal de Microbioloxía de Madrid. Segundo informa a Consellaría de Sanidade, as probas realizadas no laboratorio de referencia en Galiza, "non descartan que puidera estar afectada polo virus AH1N1". Así e todo, informan desde Sanidade que a día de hoxe o seu estado de saúde "é bo".
Na xuntanza deste venres en Madrid, acordouse que o laboratorio de referencia en Galiza pode descartar os casos sospeitosos que determine que non precisen dunha segunda análise no centro microbiolóxico de Madrid.