Os detidos están integrados no macroproceso contra KAS-EKIN-XAKI, o denominado "entramado político de ETA", que abriu a Audiencia Nacional española.
A garda civil detivo na noite da cuarta feira en Euskadi, a oito persoas relacionadas co macroproceso do sumario 18/98, seguido contra organismos do chamado "contorno de ETA" pola Audiencia Nacional española. As detencións producíronse a poucos días de que o Tribunal Supremo dea a coñecer a sentenza deste caso, como consecuencia dun recurso presentado pola defensa ás penas impostas pola Audiencia.
Oito condenados no sumario 18/98 que permanecían en liberdade condicional
Os detidos xa foran condenados pola Audiencia Nacional española, e estaban en liberdade condicional, agardando polo fallo do Alto Tribunal. Agora han ingresar en prisión, para cumprir a condena que lles reste. Outros persoas condenadas pola Audiencia Nacional -houbo 47 condenas que sumaban 525 años e seis meses de prisión, e que probabelmente sexan rebaixadas polo Supremo-, están no cárcere dende 2007.
Ao longo da noite da cuarta para a quinta feira, e na quinta de mañá cedo, foron detidos Inma Berriozabal, Elena Beloki, Xabi Otero, Iñaki Zapiain e Javier Salutregi, o ex dirixente de Batasuna Jose Luis Elkoro, Juan Maria Mendizabal e Juan Pablo Diéguez. Elkoro, que tamén foi dirixente do consello de administración do diario Egin e antigo responsábel de KAS, foi condenado a 24 anos de prisión, 16 deles por integración en organización terrorista, catro por fraude á Seguridade Social e outros catro por insolvencia puníbel con fins terroristas.
A noticia, coas condenas e a situación dos detidos detalladas, nos xornais vascos: