Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONGRESO

Vázquez renova a Executiva do PSdeG un 60% e fulmina o “touriñismo”

O do Carballiño só mantén na dirección dous ex conselleiros: Ricardo Varela e Carmen Gallego.

Europa Press/Redacción - 13:35 25/04/2009
Tags:

O Congreso do PSdeG aprobou a nova Comisión Executiva Nacional proposta polo novo secretario xeral, Manuel 'Pachi' Vázquez, que só mantén os ex conselleiros Ricardo Varela e Carmen Gallego e que afasta da dirección a todos os cadros próximos ao chamado “touriñismo” ( Dolores Villarino, Teresa Facal, María José Caride, Carlos Pajares, Francisco Cerviño, Ismael Rego ou Abel Losada )

Tal e como xa se sabía, no máximo órgano de dirección estarán canda Vázquez Mar Barcón como secretaria de Coordinación, Acción Electoral e Política Municipal, e Pablo García, como novo secretario de Administración e Organización. Canda os tres máximos dirixentes do novo PSdeG hebará outros sete "pesos pesados" na Comisión Permanente (máximo órgano da Executiva): Carlos López Font (concelleiro de Vigo da máxima confianza de Abel Caballero); Laura Seara; Agustín Fernández Gallego (edil en Ourense); Marta Álvarez Santullano (concelleira en Compostela); a ex conselleira Carmen Gallego; Ricardo Varela; e Beatriz Sestayo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: