Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONGRESO

'Pachi' Vázquez colle o temón do PSdeG

O do Carballiño logrou o apoio do 90% dos compromisarios. O novo líder dos socialistas confirmou que Pablo García vai ser o secretario de Organización e anunciou máis sorpresas na nova Executiva.

Redacción - 22:35 24/04/2009

Manuel 'Pachi' Vázquez é dende a noite deste venres o novo secretario xeral do Partido Socialista de Galicia. Dos 455 compromisarios que exerceron o seu dereito ao voto, 412 (90,5%) apostaron polo do Carballiño e 43 decidiron votar en branco. O que vai ser o sucesor de Emilio Pérez Touriño á fronte dos socialistas anunciou en Pontevedra que vai haber máis sorpresas na configuración nova Executiva. Tal e como informara Vieiros, 'Pachi' Vázquez confirmou que confía en Pablo García para ocupar o posto de secretario de Organización. A “fichaxe” decidiuna esta mesma semana. García, veciño de Silleda (Deza), ocupa dende 2006 a Secretaría de Organización de Unións Agrarias.

Coa súa incorporación, Vázquez busca un perfil de cadros novos (García ten 36 anos de idade) que sirvan para unha renovación xeracional na dirección do Partido Socialista. Haberá que ver cales son as funcións reservadas para até o de agora responsábel de Organización, a coruñesa Mar Barcón. Aínda que é previsíbel que ocupe o número dous do partido, as súas competencias quedarían reducidas co nomeamento actual.

Finalmente, Vázquez quedou como único candidato á Secretaría Xeral. O vigués Gonzalo Caballero intentou presentar unha candidatura alternativa. Porén, a pesar de que nun primeiro momento lograra os avais necesarios, finalmente algúns foron impugnados.


3,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: