Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONGRESO

O dirixente de Unións Pablo García perfílase como número dous do PSdeG

'Pachi' Vázquez aposta por un militante de só 37 anos pero cunha ampla experiencia no sindicalismo agrario e un bo coñecemento da estrutura comarcal.

Redacción - 19:10 24/04/2009

A sorpresa pode saltar nas próximas horas. Segundo puido saber Vieiros por diferentes fontes do PSdeG, o posto de Mar Barcón á fronte da Secretaría de Organización non está tan asegurado como semellaba. Se finalmente, tal e como todo apunta, Pachi Vázquez logra a Secretaría Xeral, podería pór de lugartenente a un sindicalista do mundo agrario: Pablo García.

Con 37 anos de idade, este veciño de Silleda ocupa na actualidade a Secretaría de Organización de Unións Agrarias. Fontes consultadas por este xornal, destacan o seu destacado papel no sindicalismo agrario e un profundo coñecemento das diferentes comarcas rurais do país.


4,14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: