Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Ante os académicos de Brasil e Portugal

Academia Galega da Língua Portuguesa presenta o 'Léxico da Galiza'

O pasado 14 de abril, en Lisboa, a entidade presentou esta súa contribución. O mesmo día deuse a coñecer a 5ª edición do Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa.

Redacción - 09:00 21/04/2009
Montero Santalha durante a súa intervención

Montero Santalha durante a súa intervención

O lanzamento do Léxico da Galiza e máis da quinta edición do Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa -elaborado pola Academia de Letras de Brasil en consonancia coas normas do Acordo Ortográfico de 1990-, realizouse nunha cerimonia que encabezaron os presidentes das tres academias da lingua: a portuguesa -Arantes e Oliveira-; a brasileira -Cícero Sandron-; e a galega -Martinho Montero Santalha.

En representación do noso país tamén se desprazaron a Lisboa varios membros da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) -Ângelo Cristóvão (secretario), Joám Trilho (arquiveiro), Concha Rousia (vicesecretaria), e Luís Gonçáles Blasco e Fernando V. Corredoira (membros da Comisión de Lexicoloxía e Lexicografía)-, ademais do presidente da AGAL, Alexandre Banhos.

Unhas 700 palabras galegas a incluír no Vocabulário Comum
Na súa intervención, o presidente da AGLP, José-Martinho Montero Santalha, afirmou que o Léxico da Galiza presentado en Lisboa, é "unha primeira contribución susceptíbel de melloras, que será adaptado conforme aos criterios que sexan adoptados na elaboración do Vocabulário Comum". Trátase dun documento elaborado pola Comisión de Lexicoloxía e Lexicografía da AGLP que, coas súas perto de 700 palabras, aspira a ser integrado no Vocabulário Ortográfico Comum da Língua Portuguesa.


Ligazóns

4,33/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: