O manifesto está na rede e lembra que o texto normativo desenvolve o plan de 2004, aprobado por unanimidade polos tres partidos.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pídelle a Núñez Feijoo que manteña o Decreto do Ensino, que desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento no ano 2004. Consideran que as medidas que se estabelecen no decreto son "unha achega importante na tarefa dinamizadora e normalizadora que realizamos nos centros", e que "non pasou tempo suficiente para avaliar se os seu resultados satisfán os obxectivos para os que foi aprobado".
O manifesto, que se pode ler na rede, foi xa asinado por cerca de douscentos equipos de normalización de centros de ensino de todo o país.