A oposición denunciou unha fraude electoral. O mandatario, de 72 anos, modificara a Constitución para poder presentarse de novo ás eleccións.
O presidente de Alxeria, Abdelaziz Bouteflika, de 72 anos, volveu saír elixido, por terceira vez, nos comicios da pasada quinta feira, obtendo o 90,24% dos votos. Este será o terceiro mandato por cinco anos de Bouteflika, quen tiña modificado a Constitución, suprimindo o límite de dous mandatos presidencias de cinco anos, para volver presentarse, co apoio de tres formacións políticas.
Porén, para a oposición estas eleccións foron unha fraude electoral. O nivel de participación, que era a única incógnita nuns comicios que todo o mundo sabía que había gañar o actual mandatario alxerino, chegaron ao 74,11%, fronte ao 58,07 % das anteriores eleccións.