Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
No inicio da Semana Santa

Problemas na protesta en Compostela contra a Igrexa Católica

A policía identificou ducias de persoas e advertiulles aos concentrados na acción festiva que podían ser denunciados por acto "contra a liberdade de culto".

Redacción - 12:20 04/04/2009

Unha protesta "festiva e retranqueira". Así definen desde a plataforma Maribolheras, un dos participantes no evento, a concentración realizada na noite desde venres en Santiago coa fin de criticar "o Vaticano e a Igrexa Católica. Baixo o lema Mariscrista 09, a acción era convocada polo colectivo Panteras Rosa Galiza e pretendía ser unha achega desde Galiza ao movemento internacional No Vat, xurdido en Italia.

A brincadeira coincidía co inicio das celebracións da Semana Santa compostelá, que á porta do Domingo de Ramos, tiña este venres a apertura dos actos relixiosos, coa tradicional procesión da Confraría "Nuestro Padre Nazareno" e a saída da Virxe dos Dolores desde a Igrexa de San Miguel, que chegaría até a Catedral e deica á porta de Praterías.

Segundo critican os convocantes do evento Mariscrista09, un grupo de policías achegáronse até a Praza do Pan pouco antes do inicio formal do acto e identificaron ducias de persoas que agardaban a saída da manifestación. Preguntados polo motivo, as forzas de seguridade expoñen que se trata dun acto que pode atentar "contra a liberdade de culto". Así e todo, logo dalgúns empurróns e momentos de tensión, a marcha puido saír finalmente. Desde Maribolheras ironizan ao respecto do acontecido preguntándose se "as forzas españolas de seguridade seica forman parte tamén da Garda Vaticana".


4,47/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: