Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manuel Ruíz Rivas, voceiro do PPdeG

"Fíxonos ben pasar pola oposición, coñecemos mellor o país"

O deputado popular expresou a súa convicción de que se abre unha etapa "frutífera" para o país.

Redacción - 13:35 01/04/2009

Nunha breve intervención á saída do pleno, Manuel Ruíz Rivas subliñou a súa convicción de que comeza "unha etapa que será moi frutífera para a cidadanía". Ao respecto, asegurou que o seu grupo parlamentario comeza esta lexislatura con "ilusión renovada". Así, concedeu Ruíz Rivas en declaracións aos xornalistas que "para este país" e para o propio PPdeG "foi bo este paso pola oposición". "Axudounos a comprender mellor este país", subliñou.

De seguido, afirmou o voceiro parlamentar do PP que a súa formación pretende que "esta sexa a lexislatura dos brazos abertos e do consenso". Advertiu o popular que só así se poderá "sacar Galiza deste momento difícil". "Coa axuda de todos os grupos", insistiu. Finalmente, dixo agardar que socialistas e nacionalistas concedan ao grupo maioritario do Parlamento similar grao de confianza ao que asegurou terlles outorgado o seu grupo durante a anterior lexislatura, "onde apoiamos moitas das súas iniciativas". "Cumprir con estes obxectivos será bo para Galiza", finalizou.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: