Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na súa cimeira internacional en Qatar

A Liga Árabe négase a acusar o presidente de Sudán de xenocidio

Os líderes árabes rexeitaron un mandato de captura do Tribunal Penal Internacional contra Omal al-Bassir, acusado de crimes de guerra e da morte de 300 mil persoas en Darfur.

Redacción - 12:00 31/03/2009
O presidente de Sudán, Omar al-Bashir

O presidente de Sudán, Omar al-Bashir

Os líderes árabes, reunidos esta terza feira en Doha, Qatar, rexeitaron unanimemente un mandato de captura do Tribunal Penal Internacional (TPI) contra o presidente de Sudán, Omar al-Bashir, acusado polo tribunal d'A Haia de perpetrar crimes de guerrarque produciron a morte de máis 300 mil persoas na rexión de Darfur.

Nun seu comunicado final, a Liga Árabe consideraba que os esforzos para terminar coa situación que se está a vivir en Darfur deberían saír, conxuntamente, de todas as faccións envolvidas no conflito. A reunión comezou coa inesperada presenza do propio Bashir, quen se atopou, por primeira vez dende que foi acusado de cometer crimes de guerra polo Tribunal d'A Haia, o pasado 4 de marzo, co secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon.

Qatar foi o cuarto destino de Bashir, dende que foi acusado polo TPI. Antes, o presidente de Sudán estivo en Eritrea, Exipto e Libia, tres países que fan parte da Liga Árabe que xa amosaran o seu rexeite público á acusación contra o mandatario sudanés. Tamén Sudán reaxiu ao anuncio de busca e captura por parte do TPI, expulsando as 13 ONG que prestaban axuda a máis de catro millóns de persoas en Darfur.

Os Dereitos Humanos, esquecidos en Darfur
O caso do conflito de Darfur foi enviado polo Consello de Seguridade da ONU ao Tribunal Penal Internacional, a pesar da abstención dos EUA. A ONU sinalaba, nuns seus informes, que máis de 300 mil persoas morreron nos enfrontamentos entre milicias árabes -os Yanyauid- e os rebeldes dos pobos non Baggara, que comezaron en 2003. Perto de 2,7 millóns de persoas tiveron que abandonar a zona, converténdose en refuxiados de guerra. Porén, o réxime de Omar al-Bashir sinalou que só morreron perto de 10 mil persoas en todo este tempo.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: