Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Barcelona

Milleiros de estudantes volven saír á rúa contra Boloña e a violencia policial

Tamén houbo protestas noutras cidades catalás, mais a da capital xuntou unhas 10 mil persoas, após os enfrontamentos coa policía da semana pasada.

Redacción - 09:00 27/03/2009
A cabeza da manifestación / Imaxe: Xavier B (Picassa)

A cabeza da manifestación / Imaxe: Xavier B (Picassa)

Milleiros de estudantes e profesores manifestáronse na tarde da quinta feira en Barcelona, protestando, máis unha vez, contra a introdución da Universidade catalá no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), o chamado Proceso Boloña.

A manifestación, que quería ser pacífica, mudou axiña o seu percorrido inicial, desconcertando os Mossos d'Esquadra, que tiñan blindado o centro da cidade, após os enfrontamentos e as cargas que protagonizaron a pasada semana, e que lles ocasionaron máis dunha crítica, e a posíbel destitución do seu xefe, Rafael Olmos.

A organización da manifestación tiña, desta volta, un servizo de orde propio que se encargaba de disuadir os posíbeis grupos violentos. Na quinta tamén houbo manifestacións noutras cidades contra Boloña, e en solidariedade cos estudantes feridos, como Lleida ou Valencia.

A noticia na prensa catalá:


Ligazóns

4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: