Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Revisión á baixa dos prognósticos

O FMI agoira a primeira recesión "global" en 60 anos

A institución prevé unha contracción da actividade económica no planeta de entre medio punto e un punto porcentual.

Redacción - 09:30 20/03/2009
Tags:

En xaneiro, o Fondo Monetario Internacional (FMI) aínda cavilaba oficialmente en que o conxunto da economía mundial podería rematar 2009 medrando apenas un 0,5%. Desta volta, e andado o primeiro trimestre do ano, o organismo xa agoira que non só non haberá crecemento senón que a caída podería chegar a ser até dun 1%.

Así e todo, na comunicación pública realizada pola institución este xoves, mantense o prognóstico de recuperación para 2010. Iso si, onde o FMI afirmaba que a evolución positiva podería chegar ese ano ao 3%, dan por bo agora que o crecemento se mova entre o 1,5 e o 2,5%. As claves estarían, segundo esa avaliación, no éxito ou non dos estímulos fiscais e da estabilización do escenario financeiro e do mercado da vivenda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: