Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Obtivo cota a través de Eólica Galenova

Caixanova avísalle ao PP de que non ve motivos para revisar o concurso eólico

O director xeral do Banco Gallego, integrado no grupo Caixanova, defendeu a claridade das "regras de xogo" do proceso e pediu que non se free.

Redacción - 09:00 18/03/2009
Parque eólico na comarca do Barbanza

Parque eólico na comarca do Barbanza

Eólica Galenova é o proxecto empresarial a través do cal Caixanova obtivo no recente concurso eólico un total de 235 megavatios. En favor do rigor da proposta achegada e do propio conxunto do proceso, falou este martes o director xeral do Banco Gallego, Xosé Luís Losada, aproveitando a presentación das contas da entidade financeira da que posúe a maioría do capital o grupo Caixanova.

Losada dixo agardar que se lle dea canto antes o "visto bo definitivo" e que o próximo Goberno non paralice o proceso eólico aberto polo agora executivo en funcións. O directivo insistiu en que as empresas que se presentaron ao concurso sabían de xeito claro "as regras do xogo". "Tomáronse as medidas para que o desenvolvemento fose correcto, e entendo que é correcto", subliñou, salientando a proposta concreta de Galenova, da que asegurou que ía acompañada dunha "magnífica oferta industrial" e destacou a súa capacidade "técnica e financeira".


4,93/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: