Segundo anunciou este venres o secretario de organización do PSOE, Rodolfo Ares, terán o apoio do PP malia rexeitar formar un goberno de coalición.
Comitiva do PSOE que compareceu hoxe ante os medios
A delegación vasca do PSOE rematou este venres a súa rolda de negociacións cos diferentes partidos, das que sacan unha valoración positiva. Así o expresou o secretario de organización, Rodolfo Ares, despois de fechar a rolda de contactos recibindo este propio venres aos representantes de UPyD.
Ares dixo que Patxi López conta cos apoios necesarios para ser investido lehendakari e agradeceu "de xeito especial a boa predisposición" do PP, que se mantivo aínda que os "socialistas" rexeitaran a oferta do Partido Popular de formar un goberno de coalición.
Ademais, rexeitou calquera posibilidade de gobernar co PNV, argumentando que os nacionalistas "nin sequera acudiran" á súa rolda de negociacións. Ares explicou que se planean gobernar en en solitario, apoiándose en acordos "de estabilidade" con PP e EB que, segundo dixo, "deixaron a porta aberta a acadar acordos".