Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AUTO-DEFENSA

Como usar internet con seguridade

Publican unha guía que dá consellos para manter a confidencialidade das comunicacións a través da rede.

Redacción - 18:35 06/03/2009

A Electronic Frontier Foundation publicou a guía dixital Vixilancia e auto-defensa, co propósito de orientar os internautas e usuarios de computadores que queiran protexer os seus datos persoais. A web, pensada en principio para que os estadounidenses poidan burlar a espionaxe gobernamental, ofrece consellos útiles para o público en xeral, que non teñen por que posuír grandes coñecementos informáticos.

A guía ofrece recomendacións para navegar por internet dun xeito seguro e sen deixar rastro. Tamén lembra aspectos como que botar un arquivo á papeleira non o borra, ou que hai xeitos máis seguros de eliminar documentos sen deixar rastro.

Outras das recomendacións da guía, da que informa Vilaweb, son como crear claves para cifrar documentos, correos electrónicos ou conversas de mensaxaría instantánea. Tamén recomenda manter conversas en persoa en lugar de por teléfono, se se trata de asuntos confidenciais, ou evitar as mensaxes de texto a móbiles ou os servizos de correo web como Gmail ou Hotmail.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: