O caso no que a empresa informática Apple tentaba obrigarlles a un grupo de blogueiros pola vía xudicial a que fixeran pública a fonte dunha información sobre o Proxecto Asteroid, que mantiñan en secreto e que presuntamente foi sacado á luz por un dos seus propios empregados, resolveuse finalmente en favor dos autores dos blogs. A sentenza establece que os blogueiros non teñen que revelar as súas fontes e poden acollerse á mesma lexislación que protexe aos xornalistas tradicionais. Poden ler máis na web do Colexio Galego de Xornalistas.