Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA FREAR O DESEMPREGO

Feijoo convocará os sindicatos e á patronal

O futuro presidente da Xunta cualificou os datos do paro de "lamentábeis" e avanzou o seu propósito de chamar aos axentes sociais.

Redacción - 19:00 03/03/2009

A crise económica e o paro están entre os primeiros problemas aos que terá que facer fronte o novo executivo galego. Así o adiantou o futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen asegurou que convocará aos sindicatos e á patronal para buscar solucións.Cualificou de "lamentábeis" os datos do desemprego coñecidos este martes e aclarou que a situación require unha actuación "responsábel". Feijoo fixo estas declaracións ao remate da xuntanza do Comité Executivo do seu partido.

Logo desa xuntanza tamén compareceu a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, quen subliñou que no Estado Español hai xa máis de un millón e medio de persoas paradas que non teñen a prestación por desemprego e reparou en que no último ano o desemprego medrou nun 50%. Considerou, como Feijoo, que é un "dato alarmante" que debería facer que o goberno español "pense no xeito de asumir as súas responsabilidades políticas e no que vai facer para poñerlle remedio".


Ligazóns

1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: