Dende este sindicato piden máis investimento público en infraestruturas, telecomunicacións e recursos humanos.
Que incentive o investimento público. Este é o consello que Comisións Obreiras (CCOO) lle achega ao novo goberno galego á luz dos datos do paro coñecidos este martes. "Os esforzos dos interlocutores sociais e do novo goberno de Galiza deben centrarse en deter a destrución do traballo", asegura Eusebio Justo, secretario de Emprego da organización.
Para evitar a desaparición de contratos, CCOO recomenda maiores incentivos a xeito de investimento público en infraestruturas físicas, telecomunicacións e recursos humanos. Asemade, fan fincapé na importancia de garantir as prestacións por desemprego e de que as entidades financeiras e mailo Instituto de Crédito Oficial (ICO) favorezan a circulación de cartos.