Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VEHÍCULOS LIMPOS

Londres contará con alugueiro de coches eléctricos

O alcalde da cidade, Boris Johnson, anunciou que poñerá en marcha unha iniciativa semellante á implantada en París.

Redacción - 18:51 02/03/2009
Punto de recarga de vehículos eléctricos

Punto de recarga de vehículos eléctricos

O Concello de Londres amosou a súa intención de implantar un servizo público de alugueiro de coches eléctricos. Os vehículos estarían dispoñíbeis en diversas estacións repartidas pola cidade, onde habería que recollelos e deixalos, dun xeito semellante a como funcionan os alugueiros de bicicletas.

O conservador Boris Johnson, alcalde da capital británica, recoñeceu que imitará o sistema posto en marcha en París. A rede distribuirase arredor dunha serie de puntos onde se situarían estacións de recarga de baterías, segundo informou o xornal Evening Standard.

O principal problema ao que se terá que enfrontar o goberno londiniense é o custo das instalacións de recarga, de arredor de tres mil euros. Porén, no barrio de Westminster xa existen 60 puntos deste tipo para vehículos privados.

Na capital francesa, o alugueiro dos coches eléctricos custa entre 200 e 250 euros ao mes. Os vehículos están preparados para percorrer case un cento de quilómetros ao día. Os colectivos máis interesados por este servizo son parellas novas con fillos que precisan un vehículo ocasional para facer compras ou viaxar.

Asemade, Johnson anunciou que o concello de Londres poñerá en marcha un sistema de alugueiro de bicicletas, para o que adquirirá seis mil ciclos.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: