Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CENTRO GALEGO, SÁBADO 28, 19:30 H

Cupido vai bévedo

Contos para todos da man de Juan Pablo Fuentes e de Furafollas, no Centro Galego.

Xabier Paradelo - 22:15 26/02/2009

Furafollas Agrupación Teatral segue esta tempada co "Ciclo Historias no Raval", abrindo o Centro Galego a novos artistas sen relación directa co centro, até o de agora. Se o mes pasado presentaban a Alberte Montes cos músicos cataláns de "Not Just Jazz" (Víctor, Bàrbara, Guillem), este mes presentan o espectáculo "Cupido está bebido" do narrador oral Juan Pablo Fuentes.

Entre os haberes do contaroleiro Juan Pablo Fuentes, xa coñecido polas salas barcelonesas onde de se adoitan facer espectáculos de narración oral, están as súas actuacións co grupo Bocabadats, entre outros, e tamén un interesante blog de crítica literaria na que el mesmo se alcuma coma "escravo lector", o "Cuchitril Literario".

Sábado, 28 de febreiro, 19:30 h

Historias no Raval. Furafollas presenta:
"Cupido está Bebido", por Juan Pablo Fuentes

Sala Ferrío
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: