A agrupación teatral presenta o espectáculo "Entonces... es así, con jazz"
Furafollas Agrupación Teatral volve o venres 30 ás 19.30 h ao Centro Galego de Barelona (CGB) co seu humor habitual e presenta un novo ciclo de actuacións teatrais que levan coma fío o barrio barcelonés do Raval, no que está a se do Centro.
O grupo teatral galego-catalán anuncia o espectáculo deste venres a cargo de "Alberte Montes e Not Just Jazz (Víctor, Bàrbara, Guillem)" e baixo o título "Entonces... es así, con jazz". Non sabemos se o novo ciclo de jazz encetado polo CGB terá a ver con este retranqueiro título, pero o bo humor furafolleiro nas "Historias no Raval" está asegurado por ciclos anteriores como "Os Troleiros de Provença" ou "Mulleres no Tempo".
Tamén no CGB, media hora antes, inaugúrase a exposición de fotografía "Por Narices", do fotógrafo galego Gabriel Tizón.
Venres 30
19:00 h
Inauguración da Exposición fotográfica "Por Narices", de Gabriel Tizón.
Até o 28 de febreiro.
19:30 h
Teatro: "Historias no Raval"
Furafollas Agrupación Teatral presenta Alberte Montes e Not Just Jazz (Víctor, Bàrbara, Guillem) co espectáculo "Entonces... es asi, con jazz".
Sala Ferrío
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37