Cada día, malia o pensar duns pouquiños, é máis difícil atopar un compañeiro ou compañeira sentimental que empregue a lingua, a do país.
Non está o galego no seu mellor momento, aínda que uns cantos vidos de máis alá do Padornelo opinen o contrario. Se a isto lle sumamos a dificultade común para o común dos humanos: atopar parella, a misión semella case imposíbel.
Os anuncios que estes días se están a ver polas facultades da Universidade de Vigo deixan ás claras que ter un amor (ou sexo esporádico, iso cada quen) é tarefa ardua; se ademais se quere en galego, mellor ficar a ler o blog da 'erotómana' Susana Moo.