O presidente de Nova Escola Galega achéganos unha serie de propostas que considera irrenunciábeis para mellorar no eido educativo.
Xosé Lastra, presidente de Nova Escola Galega
Xosé Lastra resume nestas seis propostas as medidas que, segundo o seu punto de vista, debería adoptar o vindeiro goberno para mellorar no eido da educación.
1. Cómpre unha decidida acción a prol da normalización do galego, que parta da actual normativa do decreto cara a unha real normalización no ámbito da educación (aínda que, loxicamente, non só neste eido). Os datos sobre a competencia lingüística en galego dos rapaces/as que rematan a escolaridade obrigatoria son realmente baixos e non se acadan os obxectivos mínimos marcados na lexislación. A administración coñece, sen actuar, todos os incumprimentos normativos e tamén esa falta de competencia no idioma. Por outra banda, os datos sobre o baixo grao de uso apuntan a unha desaparición rápida da lingua -cando menos como lingua de comunicación habitual- se non se lle pon remedio.
2. Cómpre unha asunción real dun modelo de escola pública que se dote dunha rede suficiente e dos recursos necesarios para a garantía dunha educación democrática onde non se segregue.
3. Necesitamos unha intervención decidida na escola rural que permita a educación próxima, con recursos, sen destrución de escolas e inserida nun proxecto global sobre o medio rural.
4. Galicia precisa dunha lei de educación propia, que recoñeza os nosos parámetros e que apunte a obxectivos educativos propios, sen esquecer os contextos nos que nos inserimos.
5. Cómpre unha definición rápida dos currículos (o de educación infantil aínda non está publicado a estas alturas) e dos
6. En relación co anterior, cómpre unha definición e posta ao día dos cometidos que se lle propoñen ao profesorado, e toda unha liña de actuacións tendentes a unha mellora nas condicións de traballo que son, na actualidade, insoportables. Moitos dos centros de ensino primario permanecen aínda sen persoal administrativo, o que carga o profesorado, ademais das novas demandas que a sociedade lle esixe á escola, de labores burocráticos que van en detrimento da calidade do ensino. regulamentos acaídos á situación actual (os Regulamentos orgánicos dos centros -ROC- están obsoletos, mesmo modificados por disposicións posteriores de menor rango).