O presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores expón as medidas que considera necesarias para avanzar no eido da pesca na próxima lexislatura.
Evaristo Lareo analizou para o especial Galiza2009 as medidas que o seguinte goberno debería implantar para mellorar a situación do sector pesqueiro:
1. En primeiro lugar hai que buscar un plan de xestión para o período que vai de 2009 a 2013, axudando aos pescadores para que non teñan que buscar outros empregos cando realizan as paradas biolóxicas estipuladas.
2. Facer un plan que permita ás cofrarias contratar vixilantes que loiten contra o furtivismo, xa que ademais de atallar este problema a medida xeraría postos de traballo.
3. Seguir mellorando o traballo feito pola lei que regulariza as nosas embarcacións, xa que aínda hai preto de 2000 irregulares.
4. Aproveitar todo o potencial da lei de pesca.