Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
EN TODOS OS NIVEIS

Os alumnos portugueses estudarán educacións sexual 12 horas ao ano

A medida, impulsada polos socialistas, foi aprobada pola Assembleia da República.

Redacción - 10:30 01/03/2009

A Assembleia da República aprobou unha nova lei que estabelece que todas as escolas do país dean 12 horas anuais de educación sexual aos seus alumnos. A iniciativa, presentada polo grupo socialista, non tivo ningún voto en contra. A prol do proxecto votou o PCP, Os Verdes e o PSD, agás tres deputados que optaron pola abstención, canda o Bloco de Esquerda e o CDS-PP.

A nova normativa estabelece a obrigatoriade de que en todas as escolas haxa gabinetes de apoio e formación dos alumnos, que distribuirán gratuitamente medios anticonceptivos que non teñan que ser prescritos por un médico.

Tanto o PCP como o Bloco de esquerdas consideran que o que fai falta é que se apliquen as leis e que non fiquen en papel mollado. Dende o PS garanten que a educación sexual vai chegar a todas as escolas, en todos os seus graos, a partir do vindeiro curso.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: