Os defensores do dominio para Cornualles admiten que se están a fixar no traballo realizado noutros territorios como Galiza, co .gal.
.ker
"A lingua e a cultura córnica son únicas no mundo e teñen unha historia ininterrompida que se estende dende hai milenios".
A web www.dotker.org capitaliza a campaña a prol do 'punto ker' (.ker) en Kernow (Cornualles), un dominio polo que loitan moitas outras nacións sen estado no mundo, como é o caso de Galiza, equivalente ao que xa dispón Cataluña.
Os defensores do dominio córnico admiten que se están a fixar no traballo realizado por outros grupos noutros territorios da Gran Bretaña, como o 'punto sco' (.sco) en Escocia e o punto cym (.cym) en Gales, e do resto da Europa como no caso do noso país co punto gal (.gal).
Outras nacións sen estado como as Illas Feroe (.fo), Aland (.ax) e Grenlandia (.gl) dispoñen desde hai anos dos seus propios dominios de dúas letras, malia non seren estados independentes.