Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"Imaxe e marca dun territorio"

A Bretaña salienta a potencialidade económica dun dominio propio na internet

A asociación PointBZH fai balance do ano botando unha ollada ao seu redor, entre outros sitios, a Galiza. O PuntoGal está estes días en París nunha xuntanza da ICAAN.

Redacción - 13:40 25/06/2008
A Bretaña aspira ao dominio '.bzh'

A Bretaña aspira ao dominio '.bzh'

A asociación PointBZH e mais o club de reflexión económico Bretagne Prospective fixeron balance das xestións realizadas no último ano para a consecución dun dominio bretón, o .bzh, nunha xuntanza organizada na Cámara de Comercio de Rennes.

Precisamente foi este aspecto, o comercial, un dos argumentos máis salientados polos relatores para defender que a Bretaña conte cun dominio de seu. Tanto os consellos xerais de Finistère e da Ille-et-Vilaine, así como Consello Rexional bretón manifestaron oficialmente o seu apoio á iniciativa.

Neste senso, o traballo realizado en Galiza pola asociación PuntoGal, que estes días participa nunha reunión internacional da ICANN en París, é un dos exemplos que están a seguir de perto, xunto con outras propostas similares en Gales ou en Escocia, ademais do .cat conseguido por Cataluña.

"Numerosos estudos estabelecen que unha parte importante do uso da internet ten un carácter local. Apóstase polo coñecemento e a imaxe de marca do territorio a nivel nacional e internacional, o que visibiliza mellor entre os usuarios a eficiencia do comercio a nivel local e rexional", apuntaron na xuntanza.


4,63/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: