Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A OUTRA CARA DA CRISE

Méndez: “Non sei canto gaño. Non me preocupa, páganme ben”

O director xeral de Caixa Galicia anuncia que os directivos van cobrar este ano un 30% menos.

Redacción - 18:28 13/02/2009

Os executivos de Caixa Galicia van cobrar un 30% menos ca en 2008. Esta foi unha das medidas estrelas presentadas este venres polo director xeral da entidade para facer fronte á crise. O que non quixo desvelar José Luís Méndez foi o seu salario. Logo de que un xornalista llo preguntase, o máximo responsábel da caixa limitouse a dicir que: “non sei exactamente e non me precupa, páganme ben” .

Méndez garantiu que a dirección da entidade quere garantir todos os postos de traballo a curto prazo: “Esta vai ser a tarefa de todos, ten que se a prioriade máxima”.

O director xeral prognosticou un recorte dos tipos de interese por parte do Banco Central Europeo. Considera que esta medida vai ser unha boa ferramenta para reactivar o crédito: “Se co Euríbor por debaixo do 2% non se activa a demanda, entón estariamos diante dunha situación moi preocupante”


1/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: