Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día Escolar pola Paz

Transformando a realidade desde a escola cara a unha sociedade máis xusta

As escolas de Galiza son este venres semente de ideas e reflexións en favor dos valores do pacifismo.

Redacción - 12:15 30/01/2009

O Día Escolar pola Paz centra este venres a actividade de escolas de todo o mundo. Trátase dunha xornada estabelecida en recordo do asasinato de Mahatma Gandhi. Desde 1993, a data é recoñecida oficialmente polo Organismo das Nacións Unidas para a Cultura, a Ciencia e a Educación (UNESCO)

Lembranza de Xesús R. Jares, precursor da educación pola paz
"(...) educar para a paz ten, entre os seus cometidos principais, a formación de persoas conscientes do mundo no que vivimos e das súas claves explicativas para poder intervir criticamente; a formación de persoas que non sexan indiferentes a esas realidades e á dor e o sufrimento alleos; a formación de persoas autónomas e seguras de si mesmas, con capacidade de disidencia ante as situacións inxustas ou que supoñan calquera vulneración dos Dereitos Humanos; a formación de persoas sensíbeis que saiban vivir desde a tenrura e a solidariedade; a formación de persoas reflexivas inspiradas nos ideais de paz, beleza e solidariedade"

Velaí unha reflexión axeitada para lembrar neste día, nas palabras de Xesús R. Jares. Finado hai apenas uns meses, este profesor da Universidade da Coruña era recoñecido como un dos pais do ensino a prol da paz, con amplo prestixio no mundo académico polos seus traballos neste ámbito educativo.


Ligazóns

3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: