Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Factoría en CRISE

A dirección de Citroën considera que lle sobran dous mil traballadores en Vigo

A empresa vai optar por non anovarlle o contrato a 900 operarios e buscarlle ocupación a outros 1.100.

Redacción - 17:50 15/01/2009

Citroën, o corazón económico de Vigo, comeza a dar síntomas preocupantes. Os executivos da planta viguesa comunicáronlle este xoves ao comité de empresa que en 2009 está prevista unha redución na produción debido á caida das vendas de coches. A proposta da empresa é a de non renovarlle contrato a 900 operarios temporais e pechar a quenda de noite a partir do mes de abril.

Pero a crise pode ameazar a medio prazo a outros 1.100 traballadores máis, xa que a empresa francesa considera que non hai carga de suficiente para eles. Porén, Citroën mostrouse en principio disposta a manter estes traballadores. A solución para os 1.100 traballadores restantes pode ser a de ralentizar as cadencias de produción, de xeito que teñan a posibilidade de desenvolver outras actividades.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: