Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DA UNIÓN DE GARDAS CIVÍS

"Non hai nin persoal nin medios para loitar contra as bandas organizadas"

A asociación policial asegura que o corpo está indefenso ante uns delincuentes cada vez máis formados e provenientes na súa meirande parte de países do Leste.

Redacción - 19:00 14/01/2009

Roubos en chalés, en naves industriais, atracos a bancos... Cada vez repítense con maior frecuencia os actos delituosos que requiren a organización de bandas especializadas. Segundo denuncia a Unión de Gardas Civís (UGC), este tipo de colectivos están a proliferar, sobre todo nas Rías Baixas. Son delincuentes moi formados, provenientes na súa meirande parte de países do Leste e que están moi preparados: "Son ex militares e mercenarios que veñen cun material de última xeración e estudan moi ben os seus obxectivos", di Emilio Diz, secretario provincial de UGC.

Ademais, o seu modus operandi vese facilitado pola orografía galega. "É un terreo especialmente cómodo para estas bandas, por mor das características do territorio e o illamento de moitos núcleos de poboación". Doutra banda, hai que ter en conta a súa "comunicación coas mafias do narcotráfico". Segundo explica Diz, manteñen contactos entre si para fixar obxectivos, para delinquir e mesmo para fuxir até Portugal.

Sen capacidade de reacción
Segundo a denuncia desta asociación policial, a Garda Civil ve moi reducida a súa capacidade de contrarrestar as accións destas bandas organizadas. Aseguran que "os medios non son os axeitados e o persoal é insuficiente". Ademais, recordan que esta non é a primeira vez que alertan sobre esta deficiencia, sen que as autoridades tomasen en consideración as súas protestas. Neste sentido, falan de "arrogancia e incompetencia" por parte de moitos "mandos dalgúns cuarteis" nos que "aínda hai nostalxia de épocas pasadas".


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: