A charla do coordinador e fundador de Aporrea, será este martes 13 de xaneiro ás 20h na sede viguesa da CIG.
Dentro dunhas xornadas de sensibilización sobre o feito migratorio e o retorno, terá lugar unha conferencia que leva por titulo "Venezuela após as eleccións. Situación dos galegos en Venezuela". Será impartida por Gonzalo Gómez Freire, galego-venezuelano e director e fundador da páxina web Aporrea.org.
Gonzalo Gómez Freire é psicólogo de profesión cunha mestría na especialidade de psicoloxía clínica. Prestou servizo de psicoloxía en institutos públicos de educación especial desde 1976. Foi coordinador de programas de formación e de atención dirixidos a nenos, nenas e adolescentes en situación de risco, aplicados en comunidades populares. Foi facilitador da Universidad Nacional Experimental Simón Rodríguez (CEPAP) por varios anos.
Foi ademais cofundador e membro da equipa editor da web Aporrea.org, membro da Asociación Nacional de Medios Comunitarios Libres e Alternativos de Venezuela (ANMCLA), participou na coordinación e vocería nacional, integrante do equipo de coordinación e voceiro nacional da Fuerza Socialista de Profesionales y Técnico ou, entre outros, membro do equipo editorial de Marea Socialista, xornal obreiro e popular composto por dirixentes sindicais da Unión Nacional de Trabajadores, activistas populares e estudiantís.
O acto terá lugar no Salón de Actos da CIG de Vigo (R/Gregorio Espiño 47, entrechán), o martes 13 de xaneiro ás 20h da tarde.