Un xulgado decretou a execución provisional dunha sentenza que obriga a sacar os vídeos das rúas do casco histórico por non teren permisos.
O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Santiago decretou a execución provisional da sentenza que lle obriga ao consistorio a retirar as cámaras de seguridade do casco antigo, “por non contaren cos permisos precisos” para a súa instalación e mantelas “ilegalmente”.
A decisión xudicial recolle que o Movemento polos Dereitos Civís, que pediu a execución da sentenza, terá que pagar tres mil euros para que se faga a retirada en concepto de depósito para posíbeis recursos do consistorio.
O voceiro do colectivo denunciante, Renato Núñez, sinalou que aboarán os cartos para que se execute a retirada aínda que subliñou que era “sorprendente que se teña que pagar por unha ilegalidade que cometeron outros”. Porén, manifestou que a decisión xudicial supón un paso adiante na defensa da intimidade dos cidadáns.
O MpDC anuncia unha campaña popular para lograr os tres mil euros de depósito.
Máis información na súa web.