Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A DOUS MESES DAS ELECCIÓNS

O ano principia cun aumento do desemprego do 5%

O número de parados roza as 190 mil persoas e medra a un ritmo maior que o do Estado Español (4,6%).

Redacción - 12:00 08/01/2009

No pasado mes de decembro 9.083 galegos perderon o seu emprego, unha cifra que fai que o número de parados ascenda xa aos 189.903. Se traducimos estes datos en estatísticas, o último mes do ano deixounos un incremento do desemprego do 5,02%, segundo informa o Ministerio de Traballo e Inmigración.

O número de persoas sen traballo incrementouse especialmente na construción con 3.453 parados máis, seguido dos servizos (+2.839), da industria (+2.354 ) e finalmente da agricultura (+400).

Por provincias, a que experimentou un maior aumento do paro foi Pontevedra, onde quedaron sen emprego 4.440 persoas (+6,40%). Séguelle A Coruña con 4.409 desempregados máis (+4,71%), Lugo cunha suba de 558 persoas (+3,22%) e Ourense con 676 persoas que perderon o traballo (+3,11%).

Finalmente, con respecto aos contratos, en decembro asináronse 50.420, un descenso do 9,66% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Mentres, os contratos indefinidos rexistrados foron 5.131, o que supuxo un descenso do 11,70%.

Superada a barreira dos tres millóns
No conxunto do Estado, o paro rexistrado en decembro nos Servizos Públicos de Emprego aumentou en 139.694 persoas respecto a novembro (o 4,67%), polo que o ano pechou cun total de 3.128.963 desempregados. É a cifra de parados máis elevada dende xaneiro de 1996, data dende a que se elabora a actual serie histórica con datos comparábeis.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: