Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo do último incremento

Lalín insiste na "liberación" da peaxe que deixou o último goberno do PP

"Trátase dunha situación totalmente discriminatoria", denuncia o grupo de goberno dezao ao respecto do custo do treito Lalín-Santiago da AP-53.

Redacción - 09:00 07/01/2009

Do escaso tráfico que acumula a AP-53 no treito Santiago-Lalín ha ter boa culpa se cadra o elevado custo da circulación por esta vía. Até o pasado mes de decembro ese traxecto custaba 4,90 euros e, paradoxalmente, desde o primeiro de ano a mesma viaxe sofre dun dos maiores aumentos fixados a nivel estatal para un treito de autoestrada.

Así, o incremento de máis do 5% na taxa, deixa o cargo da peaxe en 5,15 euros. Un feito que foi denunciado esta semana polo propio Concello de Lalín. O voceiro do grupo de goberno local, Román Rodríguez, presentou este luns no pleno unha moción na que se insta ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia á eliminación da peaxe nese treito ou "de non ser posíbel" á posta en marcha de bonos de desconto que recorten os prezos, cualificados polo goberno local de "totalmente abusivos".

"É o máis alto rexistrado entre todas as autoestradas estatais", laiouse o voceiro do PP local, recordando que o último incremento súmase aos realizados nos últimos exercicios acumulando en pouco tempo un encarecemento de até o 41%, convertendo esta vía nunha das máis caras en todo o Estado e ao tempo tamén na segunda con menos tráfico. De paso, Rodríguez acusou a Xunta de "desprezo", asegurando que existe unha política de "abono de peaxes na sombra", con treitos de autoestrada gratuítos e outros cun elevado prezo.


2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: