Supoñen un incremento do 3,4% con respecto dos destinados a 2008. Ademais, comezaron as tramitacións para incluír varias carreiras impartidas en Galiza no Espazo Europeo.
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou esta segunda feira un orzamento de 245,9 millóns de euros para o vindeiro exercicio, o que supón un incremento do 3,4% con respecto do 2008.
Após dar coñecer a cifra final, o vicerreitor de Economía da USC, Miguel Vázquez Taín comentou que se trata dun "orzamento contido" nun "xa longo período de transición" entre a fase de recondución da situación económica e a "axeitada atención ás necesidades e retos que hai por diante".
Contas contidas
Segundo lembrou a USC, este incremento do orzamento ten a súa orixe na evolución dos recursos derivados do plan de financiamento do Sistema Universitario de Galiza (SUG). Neste sentido, Taín quixo denunciar que, a pesar do avance experimentado dende 2005, o esforzo investidores da Xunta sitúanse no 0,71% do total do PIB galego, cifra que aínda está, ao seu ver, "moi lonxe do obxectivo comprometido polo propio Goberno" e "máis lonxe aínda da realidade financeira das universidade do resto do Estado Español".
Unha ducia de novos títulos adaptados ao Espazo Europeo na USC
Na xuntanza do órgano de goberno da USC presentouse, tamén, un informe sobre mobilidade dos estudantes desta universidade entre 2004 e 2008, e aprobáronse 12 novos títulos de grao adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. O Consello de Goberno deu tamén luz verde diversas propostas de máster.