A súa elección augura unha viraxe cara a esquerda na política sindical da organización.
O sindicato Comisións Obreiras pode iniciar dende esta semana unha viraxe cara posicións políticas de esquerdas. Aínda que por unha escasa diferenza, 512 a 484, o ferrolán Ignacio Fernández Toxo derrotou até o de agora líder do CC.OO, José María Fidalgo. Toxo ten a responsabilidade de sacar dirixir durante os vindeiros catro anos unha executiva na que terá 22 representantes fronte aos 21 partidarios de Fidalgo.
Con 55 anos de idade, Toxo comezou a súa andaina sindical en Bazán, a onde chegou como aprendiz de electricista. En 1987, con só 32 anos, foi elixido secretario xeral da Federación do Metal de Comisións Obreiras, o sector máis combativo do sindicato. Entre 2004 e 2008 foi un dos pesos pesados da executiva de Fidalgo como secretario de Acción Sindical e Políticas Sectoriais.
O sindicalista ferrolán é o cuarto na historia de CC.OO, logo de Marcelino Camacho, Antonio Gutiérrez e José María Fidalgo.