Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aniversario da formación sindical

Unións Agrarias xúntase para celebrar 25 anos "de traballo e compromiso"

"Somos a única organización que naceu e se mantivo dentro dunha organización profesional de clase, como é a UXT", afirma Roberto García, secretario xeral.

Redacción - 12:00 19/12/2008

"O primeiro sindicato en número de afiliados, referendado en eleccións a cámaras agrarias, un sindicato que representa o rural, porque os seus piares son os agricultores e gandeiros", subliña Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA), con motivo deste 25 aniversario da formación sindical, que este sábado se xunta para a celebración no Pazo de Congresos de Santiago.

Para o programa de actos, UUAA elixiu comezar tirando da nostalxia, momento que inclúe a homenaxe a persoeiros importantes no nacemento e desenvolvemento da organización. É o caso de Ramón Beade, impulsor en 1933 da Federación Nacional dos Traballadores da Terra (FNTT). Tal e como explicou García, foi o precedente sobre o que, á volta da ditadura, se construíu Unións Agrarias.

Entre os desafíos inmediatos de UUAA, o secretario xeral destaca a demanda a prol dunha lei de marxes comerciais, aproveitando para denunciar "os abusos industriais". Unha reivindicación que, subliña, vén tamén da chamada á dignificación do rural coa que xente como Beade fundou no seu momento o xerme da actual Unións Agrarias.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: