Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG critica o "intervencionismo"

Socialistas e nacionalistas defenden o "cambio profundo" que achega a Lei de Vivenda

A conselleira de Vivenda reiterou o carácter "social e vangardista" do proxecto. Desde o PPdeG advirten de que "nin sequera hai prazos" para o seu desenvolvemento.

Redacción - 09:00 18/12/2008

A Lei de Vivenda pasou este mércores no Parlamento a última peneira, sendo aprobada coa maioría de socialistas e nacionalistas e coa negativa do PP. A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, recuperou os cualificativos de "vangardista" e "carácter social" para referirse ao novo marco legal, subliñando que axudará na tarefa de consolidación "do Estado de Benestar".

Desde a beira do PSdeG, o deputado Luís Toxo salientou a "vocación de cambio profundo" que na súa opinión garante para o sector o proxecto lexislativo. Toxo tamén asegurou que a flexibilidade da norma permitirá resolver calquera dúbida funcional no regulamento. Doutra banda, polo grupo parlamentario do BNG, a deputada Carme da Silva valorou positivamente que a lei facilite que a administración "poida intervir no patrimonio histórico antes de que remate en ruínas", incentivando e axudando á actuación dos propietarios ou ben noutros casos, favorecendo que o sector público poida darlle uso aos inmobles.

Foi precisamente este punto, outra vez, un dos máis controvertidos no debate. A voceira en materia de Vivenda do grupo do PpdeG, Pilar Rojo, volveu acusar de "intervencionismo" o Goberno, e teimou en que o texto legal non ofrece abondas garantías xurídicas para os cidadáns.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: