Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo o Instituto Portuário portugués

Os mariñeiros indonesios do 'Rosamar' non tiñan autorización legal para faenar no buque

O barco afundiuse o pasado 5 de decembro ao norte de Burela (A Mariña). Morreron catro persoas, e outras catro, de nacionalidade indonesia, aínda están desaparecidas.

Redacción / EP - 14:10 17/12/2008
Os mariñeiros do 'Rosamar' rescatados, catro de nacionalidade portuguesa e un indonesio

Os mariñeiros do 'Rosamar' rescatados, catro de nacionalidade portuguesa e un indonesio

O Instituto Portuário e dos Transportes Marítimos (IPTM) portugués "non concedeu ninguna autorización" para que o 'Rosamar' contase con cinco mariñeiros indonesios entre os 13 tripulantes que tiña a embarcación, que naufragou fronte a Burela (A Mariña) o pasado 5 de decembro. Como resultado daquel accidente perderon a vida catro mariñeiros portugueses, mentres que outros cuatro, de nacionalidade indonesia, permanecen aínda desaparecidos. Só foron rescatados catro mariñeiros de Portugal e un indonesio.

Mais, segundo informou o IPTM, o 'Rosamar', aínda que sendo de armador galego -Xosé Antón Labayen, natural de Celeiro- tiña a súa base no Porto de Leixões, en Matosinhos (Portugal) e navegaba con bandeira portuguesa, o que obrigaba aos seus responsábeis a solicitar as autorizacións relativas á tripulación en Portugal. "O embarque de cidadáns de terceiros países  en buques de pesca nacionais -portugueses- precisa de autorización do IPTM" e o 'Rosamar', "carece dela" e tampouco "solicitou autorización ningunha, en todo este tempo, para o embarque de mariñeiros doutras nacionalidades", explicou José Maciel, director de Serviços de Seguridade Marítima deste Instituto.

Ademais, Maciel acrecentou que a "responsabilidade de fiscalizar" que os barcos "cumpran os requisitos e teñan os papeis e permisos en regra, é competencia da Policía Marítima". O responsábel do IPTM tamén revelou que o 'Rosamar' aparecía, na base de datos de embarcacións de Portugal como equipado buque con radiobalizas de localización de sinistros vía satélite, que se emprega en casos de emerxencia e que é xestionada polo IPTM.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: