Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rescatan 21 tripulantes

Un desaparecido no incendio dun mercante fronte a Vilagarcía

O barco chipriota, con tripulación filipina e capitán grego, fixo petición de auxilio durante a madrugada do domingo para o luns.

Redacción / Europa Press - 09:45 15/12/2008

Un total de 21 tripulantes foron rescatados tras incendiarse un mercante chipriota fronte ás costas de Vilagarcía de Arousa, informándose de que un mariñeiro permanece desaparecido e está sendo buscado por efectivos de Salvamento Marítimo.

Ás 3h56 horas recibiuse o aviso de que estaba a arder o mercante Doxa e que a tripulación abandonara a embarcación en balsas salvavidas, informou Salvamento Marítimo a Europa Press. Unha embarcación do Servizo de Vixilancia Aduaneira rescatou 21 tripulantes, que se atopan ben.

Nos labores de extinción das lapas traballaron os buques 'María Pita' e 'Sebastián de Ocampo'. Ademais, o operativo de busca do tripulante desaparecido está integrado polo helicóptero da Xunta 'Pesca 1', e as embarcacións 'Don Inda' e 'Salvamar Sargadelos', segundo precisou Salvamento, ás que se sumou outra de Protección Civil de Boiro.

Membros de Protección Civil de Vilagarcía evacuaron catro tripulantes con problemas respiratorios, un con queimaduras e a dous leváronos á Autoridade Portuaria, mentres que outros dous foron atendidos no punto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: