Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por 776 millóns

Gas Natural mércalle a Caixanova o 4,72% de Unión Fenosa

A compañía catalá anunciou esta sexta feira a súa operación. Aínda ten previsto lanzar unha OPA polo 100% da eléctrica.

Redacción - 19:10 12/12/2008
O edificio central de Unión Fenosa, en Madrid

O edificio central de Unión Fenosa, en Madrid

Gas Natural mercoulle a Caixanova o 4,72% de Unión Fenosa por 776 millóns de euros, segundo anunciou esta sexta feira a compañía catalá nunha nota remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A operación afecta a 43,1 millóns de accións da eléctrica presidida por Pedro López Jiménez, e o prezo medio da adquisición é de 18 euros por título, unha cifra algo máis baixa dos 18,3 euros aos que Gas Natural ten previsto lanzar a OPA polo100% de Fenosa.

A compañía catalá xa tiña pechado en xullo un acordo para a compra da participación do 45,3% de ACS en Unión Fenosa, e formalizou a adquisición do 9,9% desta participación. Tamén adquiriu a participación do 5,15% de Fenosa que estaba en mans da CAM. ademais de suscribir acordos de derivados con ING para conseguir outro 3%.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: