Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
DATOS DO EUROSTAT

Portugal ten o poder adquisitivo máis baixo da Zona Euro

Ao remate de 2007, antes da crise, atopábase no 76,2% da media da UE, cun descenso constante dende o ano 2005.

Redacción - 20:25 13/12/2008

O poder de compra dos portugueses é o máis baixo de toda a Zona Euro. Segundo datos presentados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) elaborados con base no Eurostat, a cidadanía de Portugal perdeu poder de compra entre 2005 e 2007 con relación á media da Unión, nun contexto anterior á crise económica.

Así, o Produto Interior Bruto por habitante expresado en Paridades de Poder de Compra de Portugal situouse no 76,2% da media europea. Os datos non inclúen 2008, onde se verificou unha deterioración das condicións económicas das empresas e das familias polas dificultades de acceso ao crédito e o aumento dos prezos pola suba do petróleo até outubro.

Segundo informa o xornal Público, o poder de compra portugués foi decrecendo progresivamente: en 2005 era do 76,9% da media da UE e en 2006 baixara até o 76,4. O indicador é calculado anualmente polo Eurostat para avaliar a riqueza "real" de cada estado europeo, independentemente da inflación.

No total dos 37, Portugal ocupa o posto 22 dunha lista liderada por Luxemburgo, onde o poder de compra é do 266,6 por cento da media da Unión. Dos estados que usan o euro como moeda, Portugal ocupa o derradeiro lugar, seguido de Malta (77,4%), Eslovenia (89,3%), Chipre (90,8%) e Grecia (94,9%). O resto superan a media do 100%, incluído o Estado Español, co 106%. A listaxe absoluta péchaa Bulgaria, cun 37% do poder adquisitivo medio da UE.


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: