Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOFTWARE LIBRE

Nace un sistema operativo en galego: Galinux

A ferramenta preséntase en Compostela, nunha xornada onde tamén se falará da experiencia brasileira de introdución de Linux na Administración.

Redacción - 09:00 11/12/2008

Este xoves preséntase Galinux, sistema operativo de código aberto e en lingua galega que estiveron a desenvolver Mancomún, o Centro de Referencia e Servizos de Software libre, e a comunidade de software libre do país.

O acto de presentación ten lugar no hotel Porta do Camiño, en Compostela, coa presenza do conselleiro de Industria, Fernando Blanco; da directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Informacióin, Helena Veiguela; do coordinador de Mancomún, Suso Baleato, e de representantes de asociacións relacionadas co software libre en Galiza, incluíndo o mundo empresarial e universitario.

Tamén intervirá Claudio Filho, que explicará a experiencia que se levou a cabo no Brasil no referente á introdución do software libre na Administración Pública.

Galinux é un sistema operativo completo en galego. Á súa vez é unha adaptación de araOs, metapaquete desenvolvido por Mancomún que usa como base a distribución de Linux Ubuntu e conta tamén con aplicacións de código aberto traducidas ao galego por grupos de voluntarios. Do mesmo xeito ca Ubuntu, Galinux empregará, en principio, o escritorio Gnome.

Este proxecto non ten relación directa con Galinux-Slax, que foi pensado para o seu uso na comunidade escolar, aínda que comparte a súa filosofía de software libre e, polo tanto, parte do seu software e dos seus desenvolvementos.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: