Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CENATIC

O goberno español tamén apoiará o software libre

Creará un observatorio de fontes para favorecer o uso de aplicacións de código aberto das administracións públicas.

Redacción - 13:40 03/10/2008

O software libre, e o camiño emprendido por Mancomún, o centro de referencia e servizos de fonte aberta, seguen a avanzar. O Ministerio de Industria vai crear un observatorio estatal de fontes para o software libre, co que se pretende impulsar o acceso e o uso desas aplicacións.

Segundo anunciou a directora xerente do Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas (CENATIC), Carolina Grau, preténdese implantar este tipo de solucións nas administracións públicas e colaborar coas comunidades autónomas e as empresas. Forman parte do plan Estremadura, Andalucía, Cantabria, Asturias, Cataluña e Aragón.

Segundo o secretario de estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, o Estado Español é un referente "para Europa e para o resto do mundo" na dixitalización das administracións, nomeadamente no eido educativo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: