Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CIENCIA ESPACIAL

Crónicas marcianas a través de Twitter

O servizo de mensaxes breves a través da web permite facer un seguimento das misións espaciais no planeta vermello e en Saturno.

Redacción - 12:50 10/12/2008
Pés da sonda Phoenix, en Marte / NASA

Pés da sonda Phoenix, en Marte / NASA

O servizo de microblog Twitter, do que xa temos falado aquí nalgunha ocasión, estase a converter tamén nunha vía de comunicación interplanetaria. As breves mensaxes de 140 carácteres, que serven para enviar actualizacións permanentemente, están a servir como medio de transmisión do estado das diferentes sondas que exploran o sistema solar.

Até agora, o usuario que tivo máis éxito foi a sonda Phoenix Mars Lander, actualmente inactiva. O robot situado no planeta vermello foi informando puntualmente de todos os seus achados, até a súa despedida, en novembro, cando deixou de funcionar, quizais só temporalmente, coindicindo co inverno marciano.

O día a día da Mars Phoenix, redactado como se o contase o propio aparato, era en realidade obra de Veronica McGregor, da NASA. Hoxe, esa conta ten preto de 40 mil seguidores. A mesma autora está a manter usuarios semellantes en Twitter para a misión a Saturno, CassiniSaturn, e a dos vehículos marcianos Opportunity e Spirit, en MarsRovers. Tamén se pode seguir o traballo do equipo que prepara a seguinte misión a Marte, MarsScienceLab.

Quen sabe? Quizais nun futuro tamén se poida estar en contacto cos astronautas que viaxen na primeira misión tripulada a Marte, ou as próximas á Lúa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: