Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VALORACIÓNS DO DESEMPREGO

"Non hai plus de resistencia", aponlle o PP a Touriño

Subliñan o ritmo de crecemento do desemprego, superior ao do Estado Español, e preguntan ao goberno cal será a súa próxima "ocorrencia" para atallar a crise.

Redacción - 14:30 02/12/2008

O Partido Popular destaca que o feito de que o paro medre máis en Galiza ca no Estado Español supón unha dobre penalización para os traballadores galegos, xa que "sofren en carne propia os efectos duns salarios máis baixos mentres teñen que facer fronte a prezos máis elevados".

Na busca de culpábeis, Beatriz Mato acusa a Pérez Touriño de "mentir ao conxunto dos galegos" e de ser "incapaz de habilitar medidas que freen o crecemento do paro". Nesta liña, pregunta "cal será a próxima ocorrencia do bipartito para loitar contra a crise logo do recente anuncio de contratar dous mil desempregados para limpar gabias coincidindo coa campaña electoral".

Pola contra, os populares piden medidas encamiñadas a "mellorar a competitividade das empresas galegas, a fortalecer aos diferentes sectores produtivos ou a estimular o consumo".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: