Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo confirmou o goberno de Puntland

Cendón e o seu colega foron secuestrados polos intérpretes que os acompañaban

O Colexio de Xornalistas pídelle dilixencia ao goberno español para conseguir a súa liberación.

Redacción - 14:15 27/11/2008
Xosé Cendón

Xosé Cendón

Segundo confirmou esta quinta feira ao mediodía o goberno da rexión semiautónoma de Puntaland, ao norte de Somalia, o fotógrafo galego Xosé Cendón e o seu colega británico, Colin Freeman, foron secuestrados polos interpretes que os acompañaban. Os dous informadores traballaban nunha reportaxe para o diario The Daily Telegraph sobre a pirataría.

Por outra banda, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG), nun comunicado enviado aos medios esta quinta feira, "insta o goberno español a tomar todas as iniciativas e medidas oportunas para conseguir a súa rápida liberación, así como prestarlles o máximo apoio aos seus familiares". Ademais, reclama da Xunta "total atención e seguimento do caso".

O CPXG lamenta que "unha vez máis son os profesionais da información quen sofren as consecuencias de trasladarlles á cidadanía a realidade de situacións de conflito en distintos países do mundo". O CPXG considera "intolerábeis" estes "ataques indiscriminados á liberdade de prensa", contra xornalistas que "cumpren co seu deber de informar alí onde é precisa a súa voz".

O ministro español de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, afirmou pola mañá que xa se iniciaron as primeiras xestións para buscar "unha solución rápida e, sobre todo, segura" para liberar os dous xornalistas.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: